UN SAÚDO PARA/DENDE A BIBLIOTECA SAFO

Malia coñecerme a meirande parte da comunidade educativa do IES Espiñeira, procede que me presente. Son Margot, profesora de Latín no mencionado centro, e integro, xunto con tres compañeiras máis, a comisión da Biblioteca Safo.

A entidade representa para min a volta á que estimo é o eido educativo dentro do que mellor me desenvolvo . Dende que emprendín, hai xa unha morea de anos, a andaina da docencia, sempre participei da biblioteca escolar. A miña concepción do ensino identifícaa co eixo ao redor do que xira calquera tipo de aprendizaxe. Non existe libro que non mereza lectores, sostiñan os entregos romanos. Non existe persoa -engado, permítaseme a ousadía…- que non goce ao ler; si quen non atopou lecturas consontes coa súa sensibilidade.

Non levo a cabo ningún descubrimento ao gabar as cualidades do texto. Insisto, porén, en proclamar que os libros estatúen a única ferramenta para nos acomodar a todas as vidas que desexemos vivir, que os libros establecen o instrumento definitivo para a liberdade nas nosas vidas callar. En consecuencia, coidemos da Biblioteca Safo; encerra un rico tesouro: os libros que atesoura.

Margot

Publicado por Biblioteca Safo

Biblioteca do IES ESPIÑEIRA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: