A festa do libro continúa

Durante toda esta semana realizaremos visitas reducidas á exposición “Espiñeira polo mundo“, nas que cada grupo poderá apreciar con detalle toda a información de cada autor, desfrutar dos vídeo-saúdos de boa parte deles e viaxar polos cinco continentes co noso mapa interactivo.

Ademáis o martes a mediodía faremos unha visita especial cos nosos Papalibros, na que pode haber premio!

A prensa galega xa se fixo eco deste grande acontemento e algúns dos autores enviáronnos mensaxes de agradecemento pola proposta e parabéns polo traballo realizado.

Como tamén nos enviou a última hora do venres un fantástico debuxo o ilustrador Abraham Carreiro, coñecido por todos vós por ser o autor dos libros de Xoeliki. Engadirémolo á nosa exposición este luns e formará parte da nosa biblioteca para sempre.

Ilustración de Abraham Carreiro para a biblioteca Safo

Por último engadir outra boa nova a esta gran festa: a publicación do libro de poesía Hemisferio auga, do noso profesor de filosofía José Carou Rey e editado por Medulia Editorial. Parabéns.

Libro Hemisferio Auga de José Carou Rey

Publicado por Biblioteca Safo

Biblioteca do IES ESPIÑEIRA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: