Grazas Papalibros!

Estamos rematando un curso moi intenso. Para nós, as profesoras do equipo da biblioteca, tamén está sendo esgotador este último trimestre. Exames, papeis, memorias, datas que cumprir… todo vai chegando coma unha bóla de neve que se fai cada vez máis grande e non sabemos cando se vai a esnaquizar. Pero do centro mesmo deste remuíño xurdiu cunha forza inaudita a máis fermosa das paraxes en calma, o son enxordecedor da melodía do cariño que os nosos Papalibros nos transmiten sempre, e especialmente no día de hoxe.

É unha homenaxe que recibimos incrédulas pois sabemos, sen que eles se decaten disto, que o mérito non é noso. Que cando din que este é o mellor dos clubs do mundo polo noso traballo, nós sabemos ben que é certo, que este é o mellor dos clubs do mundo, pero grazas a eles. Porque cando dicimos que estamos desexando reunirnos cos Papalibros non mentimos, nin tan sequera esaxeramos. Realmente desfrutamos argallando sorpresas, deseñando actividades e compartindo momentos con este grupo de rapaces e rapazas extraordinarios, que aínda non caeron na conta de que son eles os que moven a roda, de que nós traballamos felices porque eles están ahí sempre cun sorriso detrás da máscara, cun si na boca, cunha man para axudar.

Grazas polo cariño que nos brindades, grazas pola ilusión. Grazas por ser tan agradecidos!

Publicado por Biblioteca Safo

Biblioteca do IES ESPIÑEIRA

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: