Concurso de figuras aterrecedoras

BASES DO CONCURSO DE “FIGURAS ATERRECEDORAS”

Organización:

A Biblioteca Safo, o Dpto. de Extraescolares e o grupo responsable do CPInnova de Sostibilidade do IES  Espiñeira organizan o concurso de “Figuras aterrecedoras” por Samaín.

Participantes:

Pode participar todo o alumnado do centro IES Espiñeira de Boiro.

Inscrición:

Para inscribirse o participante deberá anotar nome, apelidos e curso na listaxe dispoñible na biblioteca do centro, ou ben enviar un correo electrónico con eses datos a biblioteca.safo@iesespineira.org antes do día 20 de outubro.

Tema:

O tema será o Samaín ou o terror en calquera das súas arrepiantes manifestacións.

Non se permitirán obras de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos ou animais.

Obras presentadas:

As obras deben ser figuras ou esculturas sen límite de tamaño. Cada participante poderá presentar como máximo dúas obras.

Valorarase favorablemente a utilización de materiais reciclados na elaboración da figura.

Cada participante entregará a súa obra con título e un listado dos materiais reciclados utilizados.

Entrega da obra:

As obras, entregaranse en vicedirección antes das 11:40 do día 22 de outubro xunto co título e o listado de materiais reciclados utilizados.

Entregarase tamén un papel co título da obra e o nome do autor, xa que a exposición será anónima.

Exposición:

As obras presentadas a concurso serán expostas no centro nun lugar visible durante os días 25 a 29 de outubro.

Xurado e fallo:

O xurado estará formado por membros da comunidade educativa do centro que valorarán:

  • Orixinalidade e creatividade
  • Execución
  • Uso de materiais reciclados
  • Adecuación á temática de Samaín ou terror

Premios:

Haberá un primeiro e un segundo premio que se entregarán o día 29 de outubro no recreo da ESO.

Todas as obras serán retiradas polos seus autores tras a entrega dos premios.

Boiro, 14 de outubro de 2021

Publicado por Biblioteca Safo

Ola!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: