O Samaín invade a biblioteca

Moitas son as actividades que fixemos nestes días relacionadas co Samaín. Ademais da mesa expositora da que xa vos falamos na que enterramos o odio, os prexuízos e a discriminación, e ademais da exposición de libros de terror na biblioteca, outros eventos terroríficos fóronse sucedendo nestas datas.

Os nosos voluntarios estiveron decorando. Así quedou o resultado:

Os papalibros deixaron voar a súa imaxinación  e redactaron as mortes dos personaxes de Unha estrela no vento. Vanas ler no encontro con Ledicia Costas de mañá.

Tamén fixeron unhas fotografías moi divertidas, que están expostas na planta alta, na cristaleira do noso rincón creativo. Xuzgade vós mesmos:

Como xa vos anunciáramos os rapaces estiveron traballando tamén nuns recordatorios fúnebres durante toda unha semana no noso rincón creativo.

Mestura de traballo escrito, oral, plástico, dixital,… Todo un reto que deu este fantástico resultado:

Todo isto sen olvidarnos de que se está a desenvolver un concurso de Figuras aterrecedoras no centro, en colaboración co equipo de Sostibilidade. Podedes ver os traballos expostos na planta principal do centro, e lembrade que mañá entregaremos os premios aos gañadores ás 11:20.

Figuras aterrecedoras feitas con materiais de refugallo

O equipo da biblioteca espera que todas estas actividades foran do voso agrado e agradece moito a participación do alumnado implicado. Sodes fantásticos!

Publicado por Biblioteca Safo

Ola!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: