Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Na biblioteca Safo xa temos exposta unha selección de recursos, moitos deles en galego, relacionados coas diferentes ciencias, e tamén cos científicos e científicas máis salientables da nosa historia. Podes pasar a curiosear e tamén levar en préstamo calquera dos libros expostos.

Ademáis, este ano, como novidade, con calquera préstamo podes solicitar unha carta con inventos e inventores/as. Hai moitos para coleccionar!
Trátase dunha iniciativa promovida polo colexio Santa Baia e que compartimos outros centros de Boiro. Así que si che toca unha carta repetida, xa sabes, podes intercambiar con moita xente.

Ao longo do mes iremos engadindo actividades ao nosa celebración científica. A maquinaria xa está en marcha…