- Convócase o II Certame Literario de Narración Curta do IES Espiñeira, organizado pola Biblioteca Safo. Poderá participar todo o alumnado do centro. A temática será libre dentro de cada categoría.
2. Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
3. Establécense 3 categorías:
A. Relatos que comecen ou inclúan a frase «de repente saíu do río»
B. Carta manuscrita.
C. Lenda ambientada en Boiro ou a súa comarca.
4. Os premios consistirán en diferentes vales para mercar libros ou material nunha libraría de Boiro.
Para cada categoría:
PRIMEIRO PREMIO: 30 EUROS e Diploma
SEGUNDO PREMIO: 20 EUROS e Diploma
5. Todos os traballos seleccionados e premiados serán ademais publicados no blog da Biblioteca Safo, e poderán ser difundidos por outros medios.
A entrega de premios terá lugar, nun acto público no Salón de Actos do centro, coincidindo coa Semana do Día do Libro, en data e hora que se concretará e da que se informará.
6. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os traballos non acadan un mínimo de calidade, ou non se axustan ás bases.
7. Os textos terán unha extensión mínima dunha páxina e máxima de 3, escritos a man unicamente na categoría B, na que se valorará a caligrafía e presentación, ou a duplo espazo en Arial 12 nas outras categorías. Sen asinar, entregaranse dous sobres pechados na caixa de correo situada na conserxería do centro para tal fin.
8. Tanto os sobres como a impresión dos textos serán facilitados polo conserxe.
Conserxería: sobre 1 e sobre 2
9. O sobre 1 debe llevar escrito en lugar visible a categoría pola que se presenta e a palabra TEXTO. Dentro do sobre aparecerá o título e a narración e non levará sinatura nin ningún elemento identificador da súa autoría.
10. No sobre 2 aparecerá en lugar visible a palabra DATOS, no seu interior deberá constar o título da obra e os datos persoais do autor ou autora e o grupo ao que pertence.
11. A organización garantirá o anonimato dos participantes para que os membros do xurado poidan fallar as obras premiadas atendendo a criterios estritamente literarios.
12. O prazo de entrega rematará ás doce do mediodía do 31 de marzo de 2023.
13. O xurado estará composto polos membros designados pola organización.
14. A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes.