Na sesión de hoxe do club de lectura falamos de feminismo, de forza, do poder de cambiar as cousas con pequenos xestos, da acción ante as inxustizas… Porque todo isto está maxistralmente contado nun libro que a simple vista semella ser pequeno, pero que en realidade é un gran libro.

Remexido de patacas, de Eli Rios, ten a capacidade de sorprendernos desde a primeira páxina, e de facernos reflexionar sobre unha dura realidade, que por desgraza, sofren moitas mulleres.
As patacas, tan inofensivas e aliñadas na mesa da cociña convértense de súpeto en poderosos obxectos, como tamén se converteron en poderosos e máxicos os obxectos que escolleron os Papalibros para dotalos de superpoderes.

Se non entendedes de que estamos a falar é porque non sodes Papalibros.