Co gallo da celebración do 8M a alumna Iria Picos dará lectura este mércores no recreo a un manifesto feminista asinado por ela mesma.
Durante estes días podes achegarte á biblioteca e botarlle unha ollada á selección de libros e películas que escollemos para conmemorar esta data.

Lembra que temos moitos máis recursos de temática feminista na biblioteca, que están sinalados cunha etiqueta morada.