Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra cada 23 de abril, tivemos hoxe a gala de entrega de premios do II Certame Literario do IES Espiñeira.
Daniel, Andrea e Pedro resultaron ser os gañadores do primeiro premio nas categorías de relato curto, carta manuscrita e lenda, respectivamente.


Gabriela recibía o segundo premio na categoría de relato curto e Daniel volvía a subir ao escenario a recoller o segundo premio na categoría de lenda.

A gala non sería posible de non ser polos nosos voluntarios, que se encargaron de presentar, amenizar e repartir diplomas.

Na mesma gala tamén tivemos ocasión de ver a entrevista que lle fixeron as nosas xornalistas ao bibliotecario municipal, Anxo Campos.
Parabéns aos premiados e feliz Día do Libro!