A ESTRUTURA SOCIAL DAS ABELLAS: “yo quisiera ser civilizado como los animales”

A Publio Virxilio Marón (Mantua, 70-Brindis, 17 a. C.) debémoslle un poema didáctico titulado Xeórxicas (“Cuestións relativas ao campo”), publicado en 29 a. C. A obra referida consta de catro seccións dedicadas a cadanseu eido agrícola -o cultivo dos leiros, o coidado das árbores froiteiras e da vide, a cría do gando miúdo e, sobreSigue leyendo “A ESTRUTURA SOCIAL DAS ABELLAS: “yo quisiera ser civilizado como los animales””

O ENXORDECEDOR MURMURIO DE TAGORE

Tal día coma hoxe naceu Rabindranath Tagore (Calcuta, 1861-ibidem, 1941), protopoeta de cuxos versos resoa o eco non só na India, senón no mundo enteiro. O protagonista provén dunha familia acomodada tanto económica -malia criaren catorce fillos, os pais do noso autor posuían un patrimonio respectábel-, coma intelectualmente. Ao redor dos Tagore xiraba un círculoSigue leyendo “O ENXORDECEDOR MURMURIO DE TAGORE”

A perpetua viaxe de Konstantinos Kavafis

Hoxe cúmprese un dúplice aniversario: o da nacenza e mais o do pasamento do poeta Konstantinos Kavafis (Alexandría, 1863- ibidem, 1933). Unha curiosidade que converte en composición anular a vida del, unha vida que amosa concomitancias coa doutro autor senlleiro: Fernando Pessoa (Lisboa, 1888- ibidem, 1935). Ámbolos dous críanse no seo dunha familia acomodada, aSigue leyendo “A perpetua viaxe de Konstantinos Kavafis”

UN SAÚDO PARA/DENDE A BIBLIOTECA SAFO

Malia coñecerme a meirande parte da comunidade educativa do IES Espiñeira, procede que me presente. Son Margot, profesora de Latín no mencionado centro, e integro, xunto con tres compañeiras máis, a comisión da Biblioteca Safo. A entidade representa para min a volta á que estimo é o eido educativo dentro do que mellor me desenvolvoSigue leyendo “UN SAÚDO PARA/DENDE A BIBLIOTECA SAFO”

E Don Quixote subiu aos nosos móbiles

Andrés García Trapiello (Manzaneda de Torío, León, 1953) é un dos nove fillos de Porfirio García e Laura Trapiello, matrimonio economicamente podente e socialmente próspero. Algúns familiares da parella amosaban inquedanzas culturais, as cales xermolaron nun Andrés neno, monago do tío César. Este era, ademais de cura, debuxante, e insuflou no neno Andrés as ansiasSigue leyendo “E Don Quixote subiu aos nosos móbiles”

ATADOR DAS PALABRAS, MARCENEIRO DOS SOÑOS

Difícil atopar persoa máis namorada de Portugal que Antonio Tabucchi (Pisa, 1944-Lisboa, 2012). Difícil encontrar alma máis apaixoada pola lusofonía. Difícil procurar corazón máis envorcado na idiosicransia do país veciño. Difícil, difícil, difícil…! O romance que xunguiu Portugal con Tabucchi remexe efluvios de fado, e constrúe o menos credíbel dos argumentos novelescos. Se cadra porqueSigue leyendo “ATADOR DAS PALABRAS, MARCENEIRO DOS SOÑOS”

O MAGNETISMO BUCÓLICO DE OLGA NOVO

Olga Mª Novo Presa nace en Vilarmao (Lugo) en 1975. O municipio de Pobra do Brollón, situado na contorna idílica da Ribeira Sacra, veu medraren a persoa e a personalidade da ilustre veciña. A paisaxe fascinante que configura a comarca inflúe grandemente na nosa protagonista, quen envorca a súa dimensión artística nunha dúplice vertente: aSigue leyendo “O MAGNETISMO BUCÓLICO DE OLGA NOVO”

A DONA AMANTE, DONA EMILIA GALANTE

A Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) coúbolle en sorte a nacenza no seo dunha familia acomodada. O rei Alfonso XIII proclamara conde o proxenitor da rapaza, condición social que coroaba unha sólida posición económica. A familia era propietaria dun extenso patrimonio no que salientamos dous fundos: un preto de Sanxenxo,Sigue leyendo “A DONA AMANTE, DONA EMILIA GALANTE”

A EMOTIVIDADE CONTIDA DE LUIS LEANTE

A bibliofilia é unha característica que se lle presupón a calquera escribidor. A escritura, de feito, constitúe o reverso da lectura,, nunha sorte de retroalimentación: quen devora libros, arela que se devoren os libros seus. Porén, no caso concreto de Luis Leante (Murcia, 1963), a paixón polos libros alenta en tódalas páxinas das súas obras.Sigue leyendo “A EMOTIVIDADE CONTIDA DE LUIS LEANTE”

ÁNGELES CASO: o encanto da xana

No ano 1985, o rostro de Ángeles Caso asomaba a calquera fogar polas pantallas de Televisión Española. Naqueles tempos non existían practicamente outras canles televisivas que non foran a 1 e mais a 2 de TVE; as autonómicas estaban en mantiñas e, das privadas, nada se sabía nin se agardaba. A beleza indiscutíbel da mozaSigue leyendo “ÁNGELES CASO: o encanto da xana”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora