Carmen Laforet, cen anos do seu nacemento.

Na España na que viviu Carmen Laforet non se escoitaba nunca o termo feminismo, nin igualdade de xénero, nin ningunha outra cousa que se lle asemelle. Nesa sociedade na que os homes sempre tiñan algo que contar e as mulleres moito que calar, Laforet conseguiu sorprender aos literatos da época e acadar o seu recoñecementoSigue leyendo “Carmen Laforet, cen anos do seu nacemento.”

Día das Letras Galegas: homenaxe a Xela Arias

O 17 de maio de 1863 publicábase o primeiro exemplar da famosa obra de Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Cen anos despois a Real Academia Galega instituía a conmemoración que anualmente recorda a unha figura representativa da literatura en galego. Neste 2021 é Xela Arias a homenaxeada no Día das Letras Galegas. Poeta, tradutora, editoraSigue leyendo “Día das Letras Galegas: homenaxe a Xela Arias”

Espiñeira pon as súas mans, coma Xela, facendo praias.

“Ándanme as mans sempre facendo praiasimposibles; pode ser de non medrar“ Sempre. Conmemorações populares 25 de abril. (1986) Xela Arias, poeta homenaxeada este ano nas Letras Galegas, escribiu estes versos, que agora nós aproveitamos para visibilizar a súa figura e o seu compromiso co coidado do medio ambiente. Invitámosvos a que participedes a través dasSigue leyendo “Espiñeira pon as súas mans, coma Xela, facendo praias.”

“DAME LA LIBERTAD DE LA TIERRA MISMA”. CABALLERO BONALD, xa tes a liberdade!

O escritor José Manuel Caballero Bonald (Xerez da Fronteira, 1926-Madrid, 2021) rematou hoxe unha existencia plena de amizade, de compromiso, de paixón. O noso protagonista envorcou o talento en diversos xéneros literarios, se ben exhibe a súa maxestosidade creativa na poesía. Insire a súa potencia creadora na Xeración dos 50 -mesmo denominada “do medio século”Sigue leyendo ““DAME LA LIBERTAD DE LA TIERRA MISMA”. CABALLERO BONALD, xa tes a liberdade!”

Día Internacional da Danza

Hoxe celebramos o Día Internacional da Danza dun xeito moi especial: a alumna de 1º de ESO Paula Dieste fixo un completo e instructivo vídeo no que nos fala do baile galego. Explica as orixes do baile, diferentes instrumentos musicais e a vestimenta tradicional que se utiliza neste tipo de baile. Grazas Paula por compartirSigue leyendo “Día Internacional da Danza”

ROBERTO BOLAÑO en “Remata a vida decontado”

Roberto Bolaño Ávalos (Santiago de Chile, 1953-Barcelona, 2003) tería cumprido hoxe 68 anos. Estaba chamado a ser un grande da literatura en castelán, pero a morte trocou os plans do talento. O pasamento, acontecido axiña, interrompeu o devir dun creador que a crítica, unanimemente, sitúa a carón de alquimistas da linguaxe coma Jorge Luis BorgesSigue leyendo “ROBERTO BOLAÑO en “Remata a vida decontado””

Espiñeira polo mundo: Día do libro

No IES Espiñeira estamos de festa rachada! Hoxe, Día do Libro, inauguramos a exposición “Espiñeira polo mundo“, cunha gran posta en escena dos nosos queridos Libro e Idea , encargados de inaugurar esta mostra audiovisual e interactiva na que participan prestixiosos escritores e ilustradores de todo o mundo. Na exposición, instalada na planta baixa doSigue leyendo “Espiñeira polo mundo: Día do libro”

GABO, lembramos a túa memoria

Mañán cúmprense 7 anos dende que Gabriel García Márquez -Gabo para as amizades entretecidas pola maxia da realidade- fallecese. Quixo o destino que o noso home partise desmemoriado, sen temer o que na lucidez lle suscitaba o máis terríbel medo: a perda dos recordos. A Biblioteca Safo preserva a lembranza do colombiano universal que preservouSigue leyendo “GABO, lembramos a túa memoria”

O AMARELO NON SÓ É UNHA COR

Non só era unha cor para Gabo: era un símbolo da boa fortuna, da ledicia, da esperanza, da felicidade. O amarelo xunguía a vida coa morte, porque o amarelo constituía a plenitude. Non só embargaba a substancia creativa de Gabo: enchoupábaa de beleza ao elixir bolboretas e flores para se reencarnar nelas. Gabriel García MárquezSigue leyendo “O AMARELO NON SÓ É UNHA COR”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora