Arrancamos de novo!

Comeza un novo curso e a biblioteca Safo arranca con moitas novidades! Aproveitamos os meses estivais para adquirir mobiliario novo e deseñar novos espazos onde compartir coñecemento, ratos de lecer e estimulantes lecturas. Irémosvos poñendo ao tanto de todas as novidades neste blog pero para poder avanzar cos proxectos que temos en mente precisamos daSigue leyendo “Arrancamos de novo!”

Móvete co galego!

O noso alumno de primeiro de Bacharelato, Ederxán Souza, presentou este vídeo ao concurso Móvete co galego, organizado polo Instituto da Lingua Galega. O traballo leva por título Danzando verbas. Na elaboración do vídeo colabora o equipo da biblioteca Safo e o poema do audio está escrito polo profesor de filosofía, José Carou. Desfrútao eSigue leyendo “Móvete co galego!”

Microrrelatos desde Boiro

A colaboración e a creatividade dos alumnos e alumnas dos distintos centros educativos de Boiro permitiron que tres dos nosos Papalibros poidan ver a súa obra publicada. Trátase das alumnas Antía García e Lara Sampedro, de 3º de ESO, e Paula Dieste, de 1º de ESO. Agradecemos a oportunidade que nos brindou a Biblioteca MunicipalSigue leyendo “Microrrelatos desde Boiro”

Chegan as vacacións!

Hai unha morea de libros esperándote na biblioteca Safo para ser lidos neste verán. Novela negra, aventuras, misterio, relatos… Velaquí unha pequena mostra do que podes levar en préstamo: Me gustan y asustan tus ojos de gata Misterio de la villa incendiada O signo dos catro O caso do papagaio que falaba de máis OSigue leyendo “Chegan as vacacións!”

Axúdanos a mellorar

Todo o alumnado e profesorado do centro está convidado a participar nunha enquisa de valoración do traballo realizado polo equipo da biblioteca Safo durante este curso escolar. A túa opinión é importante para determinar as liñas de traballo no futuro. Tedes o cuestionario no voso correo electrónico oficial. Adícanos uns minutiños do teu tempo! XaSigue leyendo “Axúdanos a mellorar”

Recoñecemento para a biblioteca Safo

Hoxe recibimos a boa nova: a nosa biblioteca foi seleccionada, xunto con outros 19 centros galegos de ensino, polo seu traballo na CREAcción Día do Libro 2021. O noso centro presentou a actividade á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, coa proposta “Espiñeira polo mundo”, da que xa falamos neste blog anteriormente, e que facíaSigue leyendo “Recoñecemento para a biblioteca Safo”

Emotiva xornada literaria no Espiñeira

Contábamos con todos os elementos imprescindibles para que o acto resultase (e de feito resultou) un éxito: moito talento literario, dous presentadores sobradamente preparados, un par de actores metidos no papel, moito alumnado implicado nas actividades, un público entregado, e a presenza dun dos mellores escritores do panorama actual galego, Héctor Cajaraville. A Biblioteca SafoSigue leyendo “Emotiva xornada literaria no Espiñeira”

Entrega de premios do I Certame literario

Este venres ás 9:35 no salón de actos temos unha cita para facer entrega dos premios do I Certame literario do IES Espiñeira, organizado polo Departamento de Normalización Lingüística xunto coa Biblioteca Safo. Contaremos coa presenza do escritor Héctor Cajaraville e desfrutaremos de moitas sorpresas e actuacións nun acto conducido polos alumnos Paula Dieste eSigue leyendo “Entrega de premios do I Certame literario”

Inauguración do rincón animalista

Dentro das actividades da Semana Fauna deste curso temos o privilexio de contar cunha moi especial ubicada na biblioteca Safo. Será mañá, 13 de maio ás 11:15 cando se inaugure ese fantástico recuncho que a nosa profesora de plástica, Mónica, leva meses creando. Non perdas a lectura do manifesto e a proxección de videos sorpresaSigue leyendo “Inauguración do rincón animalista”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora