Recoñecemento para a biblioteca Safo

Hoxe recibimos a boa nova: a nosa biblioteca foi seleccionada, xunto con outros 19 centros galegos de ensino, polo seu traballo na CREAcción Día do Libro 2021. O noso centro presentou a actividade á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, coa proposta “Espiñeira polo mundo”, da que xa falamos neste blog anteriormente, e que facíaSigue leyendo “Recoñecemento para a biblioteca Safo”

Fantástica xornada co club

Por fin volvemos gozar dunha marabillosa tarde de xogo e entretemento arredor dos libros. Despois de meses sen poder reunirnos físicamente tiñamos moitas gañas de estar xuntos e compartir. Houbo moitos momentos de risas, probas, premios, regalos e fotos, moitas fotos! pero tamén de coñecemento, aproveitando a exposición “Espiñeira polo mundo”. Grazas pola fantástica xornada.

A festa do libro continúa

Durante toda esta semana realizaremos visitas reducidas á exposición “Espiñeira polo mundo“, nas que cada grupo poderá apreciar con detalle toda a información de cada autor, desfrutar dos vídeo-saúdos de boa parte deles e viaxar polos cinco continentes co noso mapa interactivo. Ademáis o martes a mediodía faremos unha visita especial cos nosos Papalibros, naSigue leyendo “A festa do libro continúa”

Espiñeira polo mundo: Día do libro

No IES Espiñeira estamos de festa rachada! Hoxe, Día do Libro, inauguramos a exposición “Espiñeira polo mundo“, cunha gran posta en escena dos nosos queridos Libro e Idea , encargados de inaugurar esta mostra audiovisual e interactiva na que participan prestixiosos escritores e ilustradores de todo o mundo. Na exposición, instalada na planta baixa doSigue leyendo “Espiñeira polo mundo: Día do libro”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora