Arrancamos de novo!

Comeza un novo curso e a biblioteca Safo arranca con moitas novidades! Aproveitamos os meses estivais para adquirir mobiliario novo e deseñar novos espazos onde compartir coñecemento, ratos de lecer e estimulantes lecturas. Irémosvos poñendo ao tanto de todas as novidades neste blog pero para poder avanzar cos proxectos que temos en mente precisamos daSigue leyendo “Arrancamos de novo!”

Grazas Papalibros!

Estamos rematando un curso moi intenso. Para nós, as profesoras do equipo da biblioteca, tamén está sendo esgotador este último trimestre. Exames, papeis, memorias, datas que cumprir… todo vai chegando coma unha bóla de neve que se fai cada vez máis grande e non sabemos cando se vai a esnaquizar. Pero do centro mesmo desteSigue leyendo “Grazas Papalibros!”

Fantástica xornada co club

Por fin volvemos gozar dunha marabillosa tarde de xogo e entretemento arredor dos libros. Despois de meses sen poder reunirnos físicamente tiñamos moitas gañas de estar xuntos e compartir. Houbo moitos momentos de risas, probas, premios, regalos e fotos, moitas fotos! pero tamén de coñecemento, aproveitando a exposición “Espiñeira polo mundo”. Grazas pola fantástica xornada.

Club de lectura en clave feminina

Moi interesantes as reflexións que esta tarde os Papalibros compartiron na reunión do club de lectura. Tocaba falar de mulleres, de feminismo, de abuso, de situacións complexas e tráxicas que, mesmo no século XXI, desgraciadamente, seguen existindo. Tocaba falar de dous libros que reflicten esta triste realidade: Corredora e A dúbida, ambos escritos por MaríaSigue leyendo “Club de lectura en clave feminina”

Excepcionais, coma sempre, os Papalibros

O tratamento da información, o cuestionamento, a síntese,… moitos foron os apectos traballados co club de lectura para esta Semana da Prensa. Achegámonos á labor periodística en diferentes actividades: “Destripamos o xornal“, “Xeografías periodísticas” e “Entrevista a Agustín Agra“. Todas elas veñen recollidas nun artigo que hoxe se presenta no especial ‘InFormarNos’ que ‘Nós Diario’Sigue leyendo “Excepcionais, coma sempre, os Papalibros”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora