Recoñecemento para a biblioteca Safo

Hoxe recibimos a boa nova: a nosa biblioteca foi seleccionada, xunto con outros 19 centros galegos de ensino, polo seu traballo na CREAcción Día do Libro 2021. O noso centro presentou a actividade á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, coa proposta “Espiñeira polo mundo”, da que xa falamos neste blog anteriormente, e que facíaSigue leyendo “Recoñecemento para a biblioteca Safo”

A URXENCIA DA EVOCACIÓN: ÚLTIMAS TARDES CON JUAN MARSÉ

Onte fallouse o Premio Biblioteca Breve 2021 nunha emotiva cerimonia presidida pola acordanza de Juan Marsé (Barcelona, 1933- ibídem, 2020). Ao escritor, cuxo pasamento lembramos cunha entrada neste blog, prestáranlle moita atención e esmero os editores de Seix Barral, mecenas dun evento que xurde no ano 1958. O escitor obtivera o citado galardón en 1965Sigue leyendo “A URXENCIA DA EVOCACIÓN: ÚLTIMAS TARDES CON JUAN MARSÉ”

OUTRO RIANXEIRO ILUSTRE

Certo rianxeiro ilustre, José Carou Rey, afirma que “ser de Rianxo imprime carácter literario”. Asístelle a razón, abofé, ao noso entrañábel amigo, se repasamos a nómina de autores que a paisaxe desta vila inspirou. O trobador Paio Gómez Chariño inaugura, no século XIII, unha listaxe de escritores que outorgan a esta terra un halo deSigue leyendo “OUTRO RIANXEIRO ILUSTRE”

Francisco Brines ou a mala conciencia social

    Francisco Brines Baño nace en Oliva (Valencia) en 1932, no seo dunha familia podente de labregos. Esta circunstancia posibilitou que chegase a posuír unha formación académica sólida –estudou Dereito e Filosofía e Letras– que o avalase cando impartiu materias estreitamente vinculadas coa lingua e literatura castelás nas prestixiosas universidades de Cambridge e Oxford.     Sigue leyendo “Francisco Brines ou a mala conciencia social”

Antonio Muñoz Molina, parabenizámoste

O Premio Medicis de novela estranxeira recaeu este ano nun representante español: Antonio Muñoz Molina (Úbeda, 1956). O devandito galardón, que ocupa un merecido oco dentro do panorama literario francés, acode este ano a librar a batalla que o mundo da cultura francesa declarou ao goberno. O gremio de libreiros, editores, escritores e activistas daSigue leyendo “Antonio Muñoz Molina, parabenizámoste”

SOBRE O PREMIO PLANETA

Acaba de fallarse a concesión do Premio Planeta 2020, que recaeu en dúas mulleres: Eva GARCÍA SÁENZ DE URTURI, pola súa novela Aquitania, e Sandra Barneda, con Un océano para llegar a ti, gañadora e finalista, respectivamente. O galardón español coa meirande dotación económica foi parar ás mans de escritoras de indiscutíbel rédito mediático eSigue leyendo “SOBRE O PREMIO PLANETA”

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora