Venres de ciencia: unha lotería moi espacial

Hoxe tocou aprender sobre as misións no espacio a través do xogo deseñado polos empregados hispanos do Centro Espacial Johnson, da NASA. Definimos conceptos como galaxia, asteroide, satélite, atmósfera… ata completar o noso cartón de bingo. Qué ben o pasan estes pequenos científicos!

Libros científicos

Na sesión do venres de ciencia desta semana estivemos descubrindo todas as posibilidades que nos brindan os libros informativos de ciencia. Ademáis de biografías de grandes científicos e descubridores, repasamos algunas guías de animais e prantas. Tamén tivemos ocasión de visualizar como nunca o interior do corpo humano. Se che interesan a lectura e aSigue leyendo «Libros científicos»

Venres de ciencia: Un código moi secreto

O alumnado que todas as semanas se reúne na biblioteca para realizar actividades sobre ciencia, adiantou a súa celebración nesta ocasión ao xoves. O profesorado do IES Johan Carballeira de Bueu, que estaba visitando o noso centro dentro do programa Observa-acción, compartiu un ratiño con eles. Nesta ocasión tiveron que resolver unha serie de retosSigue leyendo «Venres de ciencia: Un código moi secreto»

Xogos científicos

No venres de ciencia desta semana a profesora Susana e a alumna de primeiro de Bacharelato, Uxía, organizaron duas partidas de xogos científicos. O primeiro xogo está baseado na paleontóloga e comerciante de fósiles Mary Anning, que a principios do s. XIX foi a primeira en descubrir o esqueleto completo dun plesiosaurio, (que quere dicirSigue leyendo «Xogos científicos»

Venres de ciencia

Comezamos hoxe co programa «Venres de ciencia», que tivo unha moi boa acollida, sobre todo entre os máis cativos. Susana, a profesora de Bioloxía, explicou a actividade e repartiu os carnés de científico/a entre os participantes, que irán acadando puntos cada vez que asistan a unha sesión. Aquí queda unha mostra do traballo feito:

Bacteriófagos na biblioteca

Sabes o que é un bacteriófago? Queres aprender máis sobre os cromosomas e o código xenético? Estás interesado/a na ciencia? A profesora de Bioloxía, Susana, dirixirá cada venres na biblioteca un obradoiro científico. Esta semana aprenderemos o que é un bacteriófago e faremos un modelo en cartolina.  Completa o teu carné de científico/a asistindo aSigue leyendo «Bacteriófagos na biblioteca»

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar