Entroido galego

Desde este ano o entroido galego está protexido como Ben de Interese Cultural. Segundo a zona podemos falar de Antroido, Antroiro, Antroito, Antruido, Carnaval, Entroiro, Entrudio, Entrudo, Entruido e Introido… Chámalle como queiras pero celébrao como a gran festa que é. No programa dos martes na biblio estamos a facer máscaras tradicionais. Hoxe comezamos, coaSigue leyendo «Entroido galego»

Martes na biblio: partida de Dixit

Hoxe foi martes e Iago, o noso voluntario de segundo de ESO, estivo ensinando a xogar ao Dixit a todos os que quixeron pasar pola biblioteca. Un xogador actúa como contacontos e o resto intentan adiviñar cal é a carta da que está a falar. Recreo moi entretido cun xogo apto para todas as idades.

Xogos de outono

Hoxe o grupo de voluntariado «Semente», dentro das actividades do programa «Martes na biblio», organizou un concurso de xogos populares. O grupo Semente, formado por Noa, Carlota e Diana, de terceiro de ESO, quere poñer en valor as tradicións populares e o coidado do medio ambiente. Unha exposición de carteis con refráns sobre castañas acompañouSigue leyendo «Xogos de outono»

Día das bibliotecas: «Tecendo comunidades»

A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023. «O lema deste ano, «Tecendo Comunidades», pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.Sigue leyendo «Día das bibliotecas: «Tecendo comunidades»»

Cambio de plans

Hoxe, no martes na biblio tiñamos previsto realizar un obradoiro de pulseiras con Irimia, alumna voluntaria de segundo de ESO. Debido á súa ausencia tivemos que adiar a actividade á vindeira semana e polo tanto adiantamos a proxección da curta sobre a discriminación ao día de hoxe. Por outra banda anunciamos que, lamentablemente, o premioSigue leyendo «Cambio de plans»

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar