Día das bibliotecas: «Tecendo comunidades»


A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.

«O lema deste ano, «Tecendo Comunidades», pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns».

Para celebralo, organizamos un obradoiro de pulseiras con fíos, dirixido por Irimia, voluntaria de terceiro de ESO, dentro do programa «Martes na biblio».

Outras comunidades que se reuniron tamén neste día foron o noso querido club de lectura «Os Papalibros» e o grupo de voluntariado Xen Z, que xa está a preparar as actividades do Día da Ciencia.

Publicado por Biblioteca Safo

Ola!

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar