Que máscara amosas?

La tercera máscara, de Care Santos, foi a primeira lectura do noso club neste curso. Unha historia baseada un feito real que non deixa indiferente a ninguén.

Despois de comer xuntos e facer unha pequena dinámica para coñecernos mellor, dou comezo o debate, e o intercambio de argumentos foi continuo.

A gran sorpresa da tarde veu da man da multipremiada autora catalana, Care Santos, que enviou un vídeo para o nosos estudantes.

Despois dese emocionante momento, e para finalizar a sesión, xogamos a adiviñar o personaxe do libro que se agochaba detrás de diferentes citas. Un xogo de relevos onde tamén importaba a velocidade dos participantes.

Carreiras, risas e moita lectura resumen esa fantástica tarde en comunidade. Grazas Papalibros, grazas Care Santos!

Publicado por Biblioteca Safo

Ola!

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar